A Asociación Eixotolo de Camos organiza unha excursión ás Pasarelas do Paiva

A Asociación Deportiva, Cultural e Benéfica Eixotolo organiza para o vindeiro domingo 27 de maio unha saída ás Pasarelas do Paiva en Portugal. A saída será ás 8:00 da mañá desde o Centro Cultural A Camoesa con regreso previsto ás 20:30 horas.

O custo da viaxe é de 15 euros por persoa e inclúe autobús e a entrada ao parque, ou de 18 euros incluíndo ademais unha mochila con dous bocadillos, dúas froitas, dúas augas e madalenas. Para anotarse os interesados deben chamar ao teléfono 648 023 014 antes do 10 de maio e darase un anticipo de 5 euros. As prazas son limitadas e débese completar un autobús.

As Pasarelas do Paiva están situadas no municipio de Arouca. O percorrido é de 8 quilómetros e leva 2 horas e media facelo. Non é recomendable ir con nenos menores de 8-9 anos. Hai praias fluviais e puntos de SOS. No medio do percorrido hai unha saída por se non se pode seguir, na que estaría o autobús para levalos ata o punto de chegada.

Anuncios