Este domingo celébrase o II Desafío Talaso Atlántico de ciclismo

FOTO: FRANCISCO POMBAL DIEGO // I Desafío Talaso Atlántico.

Este domingo, 29 de abril, terá lugar o II Desafío Atlántico. A saída efectuarase ás 10:00 horas desde a chaira do Hotel Talaso Atlántico e discorrerá por Baredo, Faro Silleiro e capela de San Sebastián, ata chegar ao Mosteiro de Santa María de Oia (un tramo de 23 quilómetros). A partir de aí comezará a crono-escalada ata o Monte da Groba, de 17 quilómetros. Trátase dun percorrido de dificultade media, segundo os expertos, polo que pasarán polo Alto da Valga e Torroña ata coroar finalmente A Groba, con 600 metros de altitude. Unha vez superado este segundo tramo, onde se dará o avituallamento, haberá un percorrido final de 20 quilómetros, de regreso ao Hotel Talaso Atlántico, que discorrerá por Chan da Lagoa, Baíña e Baiona. Na chaira do hotel farase entrega dos premios e celebrarase un sorteo.