Cidadáns organiza unha camiñada entre Baiona e Nigrán para conmemorar o Día do Apóstolo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Unha parella de peregrinos na Praza de Santa Liberata.

Como conmemoración do Día do Apóstolo Santiago, desde Cidadáns Valmiñor organizan este sábado 28 de xullo unha camiñada festiva-Cidadá de curto percorrido que percorrerá a distancia comprendida entre Baiona centro ata Nigrán seguindo o tramo do Camiño de Santiago.

A saída desta camiñada cidadá está prevista para as 10:30 da mañá do sábado desde a Praza de Santa Liberata e con hora de finalización prevista ás 13:00 horas aproximadamente.

A coordinadora de Cs en Valmiñor, Fabiola Cavalier, convida a todo aquel que queira sumarse á iniciativa cidadá. “Estaremos encantados de compartir camiño con todo aquel que queira sumarse a esta camiñada cidadá organizada por esta agrupación e que servirá para conmemorar, dun modo diferente, o día da festividade de Galicia, o Día do Apóstolo”.