
Este sábado celébrase a derradeira xornada da liga galega de Xadrez. O equipo do Laroca A remata a liga de primeira no local de Cotros ante o Xadrez Ourense B, equipo que ocupa a quinta posición por a sexta posición dos miñoráns e separados por tan só medio punto, grazas ao empate conseguido a pasada xornada ante o equipo Alekhine- Correduría Tempu por 2-2 puntos, conseguidos pola vitoria de Mireya e as táboas de Sergio e Carlos, ascendido do equipo de segunda.
Por outra banda na segunda división, o equipo do Laroca B, unha vez certificada a permanencia grazas á vitoria ante o equipo da Once por 1’5-2’5, puntos conseguidos por Patricio e Rafa e as táboas de Dani, enfrontarase aos guardeses do Albatros A.
O Laroca C viaxa á capital da provincia para enfrontarse ao EXP Escola Deportiva Universitaria. A pasada semana os laroqueiros foron derrotados polo líder e ascendido EXP Concello de Pontevedra por 0-4.