O Concello de Baiona pon a punto os colexios para o comezo do curso

Os operarios pertencentes á Concellería de Vías e Obras de Baiona están a realizar traballos nos colexios de primaria do Concello. Son labores de mantemento, de mellora da seguridade e de renovación de instalacións, entre outras, a reparación dun muro, cambio do peche do recinto, creación de hortas para os alumnos, etc. As actuacións estanse a levar a cabo nos centros educativos de Belesar, Fontes e Sabarís.

O concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, indica que o Concello está comprometido coa educación e formación dos nenos. “Aínda que as competencias municipais neste ámbito sexan só de mantemento, este equipo de goberno quere ir máis alá: as intervencións teñen por obxectivo mellorar o benestar dos máis pequenos e axudar aos equipos docentes a realizar a súa labor”.