Anuncios
Ticker de novas

Dúas persoas feridas nunha colisión múltiple en Gondomar

Unha colisión na que se viron implicados tres turismos en Gondomar saldouse con dúas persoas feridas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser trasladadas ao hospital Povisa. O accidente ocorreu á altura do número 63, na parroquia de Vincios. Unha persoa particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 13:15 horas. Decontado, dende o CIAE púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e do GES do Val Miñor.

Anuncios