Castro e Ladeira organiza unha excursión ás illas de Sálvora e Ons

FOTO: TURISMO DE GALICIA // Faro da Illa de Sálvora.

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza unha excursión ás illas de Sálvora e Ons o vindeiro domingo 3 de xuño. A saída será ás 9:00 desde Sabarís. Pola mañá farase unha visita guiada pola illa de Sálvora e ao mediodía comerase na illa de Ons. Despois haberá unha visita guiada pola illa e tempo libre. A comida é opcional. O prezo é de 20 euros para os socios e de 23 euros para os non socios. O prezo da comida é de 15 euros. Máis información e reservas nos teléfonos 678 586 869 e 653 793 844.

Anuncios