Sin categoría

Valmiemprega achega os segredos de Gondomar aos escolares de Baíña

O Obradoiro de Emprego Valmiemprega II, na especialidade de Promoción turística, levou a cabo unha visita guiada arredor de Gondomar cos rapaces do colexio de Fontes-Baíña de Baiona. O grupo de 52 nenos e nenas de entre 6 e 8 anos, acompañados dos profesores, desfrutaron dunha xornada completa onde se lles achegou os segredos da Vila.

Comezou o itinerario no Parque das Cercas a carón do Río Miñor, facendo unha parada na estatua da Galiña Azul, homenaxe a Carlos Casares. De aí trasladáronse ata o acueduto do Bravo, a carón do Río Zamáns por medio dun pequeno sendeiro dende a Ponte de Rosas.

O itinerario discorreu por zonas máis urbanas para amosarlles os encantos da Igrexa parroquial e o fermoso conxunto de fonte e lavadoiro de San Bieito. Continúa na Praza da Paradela para coñecer a Casa do Concello e a praciña co recente monumento homenaxe aos homes e mulleres que loitaron contra os lumes. A última parada foi na Ponte das Ánimas, onde coñeceron os segredos dos antigos camiños que por aquí pasaban, rematando de novo no Parque da Coelleira onde desfrutaron dun merecido descanso nesta fermosa área verde.

Dende Valmiemprega valórase moi positivamente que os alumnos de Baiona vaian a Gondomar para coñecer outras contornas próximas, e a súa vez descoñecidas para os cativos. Ese intercambio favorece o interese polo noso patrimonio e contribúe á concienciación do seu coidado.