Sin categoría

Nigrán informa aos interesados en participar no programa da Xunta “Benestar en Balnearios”

O Concello de Nigrán informa de que a Xunta de Galicia organiza e convoca o programa “Benestar en Balnearios” para maiores de 60 anos ou pensionistas maiores de 55 anos cumpridos que se valan por si mesmos e se atopen empadroados nalgún municipio galego.

O programa consiste nunha estadía de 10 días e 9 noites en determinados balnearios de Galicia, con aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, en habitacións dobres de uso compartido, con tratamentos termais e actividades de animación sociocultural incluídas.

O prazo para solicitalo será ata o 11 de maio para as quendas dos meses de maio e xuño, e ata o 29 de maio para os meses de xullo a outubro. Os interesados poderán dirixirse previa cita aos Servizos Sociais de Nigrán, teléfono 986 365 000.