O 23 de abril celébrase o Día do Libro e na Escola Infantil As Dunas de Panxón organizan unha semana chea de actividades especiais.
- Elaboración entre as familias dun Libro de Poesía.
- Visita e actividade co alumnado do Centro Juan María.
- Contarán coa presenza de dous contacontos na escola: Carla Muñoz (actividade ofertada polo Concello), e Ángeles Escribano (mestra que foi durante anos coordinadora de grupos de bibliotecas escolares da zona de Vigo).
- Excursión a Afundación de Vigo para ver “Antón Comodón”.
- Sesión de contacontos en horario de mañá e o martes tamén en horario de tarde (apertura de Bibliodunas para as familias) a cargo das familias voluntarias.
- Apadriñamento lector co alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI Panxón.
- E como visitas especiais, dúas moi salientables: a actuación de Servando Barreiro, músico, cantor e contador de historias, e do poeta vigués Pepe Cáccamo.

