Anuncios
Ticker de novas

Gondomar prepárase para acoller o Rally Rías Baixas

Gondomar prepárase para acoller o 52 Rally Recalvi Rías Baixas, terceira proba do Campionato Galego de Ralis que se celebrará o fin de semana do 11 e 12 de maio. O venres a Vila Condal será escenario dun tramo nocturno, mentres que o sábado desenvolveranse dous tramos en Chenlo-Morgadáns, ademais do reagrupamento no centro urbano en ambas as dúas xornadas.

O alcalde, Paco Ferreira, presidiu este venres a mesa de traballo para coordinar o dispositivo de seguridade e tráfico do evento, á que asistiron a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Jose Manuel Chamorro, e Fernando Mouriño e Damián Giráldez en representación da Escudería Rías Baixas, así como membros das forzas e corpos de seguridade.

No dispositivo participarán máis de 60 efectivos, da Policía Local, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico, GES Val Miñor e Protección Civil, ademais dos numerosos voluntarios. Tamén haberá unha ambulancia medicalizada e outra asistencial. Todos eles, velarán polo bo desenvolvemento do evento, que está a levantar unha enorme expectación e que reunirá a 150 equipos.

Anuncios