Gondomar clausura o segundo curso de operador de carretillas elevadoras

O Concello de Gondomar clausurou este venres o segundo dos cursos de operador/a de carretillas elevadoras, cunha duración de 30 horas das que 20 son prácticas, que organiza a Concellería de Xuventude a través da OMIX co obxectivo de ampliar as opcións laborais dos máis novos.

No curso, que se desenvolveu no CDL do 3 ao 20 de abril en horario de tarde, participaron 15 persoas, que recibiron de mans do alcalde, Paco Ferreira, e o concelleiro de Vías e Obras, Jose Manuel Chamorro, o diploma que acredita a súa formación.

O obxectivo do curso é capacitar aos asistentes no manexo da carretilla, formar na prevención de danos e degradacións do material transportado e transmitir un conxunto de boas prácticas.