Presentación do libro e do xogo “Xaque a Jakobusland” en Gondomar

A libraría Libraida acolle este venres 20 de abril ás 20:00 horas un faladoiro con Pablo Culebras, creador do libro e do xogo “Xaque a Jakobusland. Como se fixo o xadrez dos viquingos en Galicia” e “Xaque a Jakobusland. O xogo de xadrez temático”. Presentará o acto Carlos Méixome.

Pablo Culebras é creador de proxectos multimedia e deseñador gráfico. Tras licenciarse en Comunicación Audiovisual pola Universidad Complutense de Madrid e a Università degli Studi dei Bologna, comezou a súa carreira como ilustrador, animador e creador de contidos en Milán. En 2010 volveu a Galicia, onde comezou a interesarse polas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías no ámbito do turismo, a educación e o entretemento.

Desde sempre foi afeccionado ao estudo da historia, a natureza e o folklore da súa terra; materias que emprega como fonte de inspiración para a súa outra gran paixón: a creación de historias, contidos interactivos e mundos imaxinarios a través de distintos soportes.

Anuncios