Sin categoría

Acto informativo do BNG sobre o sistema público de pensións en Nigrán

Mañá venres, ás 20:00 horas, no Auditorio do Concello de Nigrán, Antolín Alcántara, destacado líder sindical do metal, e hoxe implicado na loita en defensa das pensións, intervirá nun acto organizado polo BNG local en defensa dunhas pensións dignas para as galegas e os galegos.

A presentación correrá a cargo de Delfina Meire, mestra xubilada do colexio Humberto Juanes de Nigrán que introducirá a charla.

“A cuestión da sustentabilidade do sistema público de pensións e a contía das mesmas é un dos principais problemas cos que se enfronta a nosa sociedade polo que no BNG de Nigrán consideramos unha obriga abordalo”, afirma Xavier Rodríguez, Portavoz Municipal.