O gondomareño Martín Pintos conquista o título nacional portugués de tenis de mesa co Novalense

Esta fin de semana celebrouse o Campionato Portugués por Equipos Sub 21 de Tenis de Mesa. O equipo AR Novalense, formado por Antonio Malheiro, João Neves e o gondomareño Martín Pintos, conquistou o título nacional portugués ao vencer ao Ala Nun’Álvares de Gondomar por 3-2. No terceiro lugar quedaron os equipos do CD Estrela e Clube Top Spin.

O xogador Martín Pintos, que xoga dobre liga no Vincios en España e en Novalense da 1ª Divisao portuguesa, tivo unha actuación destacada na final, ao vencer 3-2 no último partido que lle deu a vitoria ao Novalense, cun apurado 3 sets a 2, remontando un parcial adverso no derradeiro set de 8-4.

2018-04-18 - 30703775_1202262903210173_7045187700629962752_o

Anuncios