O Centro Cultural de Baíña organiza unha viaxe a Fátima

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza unha viaxe a Fátima con saída o luns 30 de abril ás 8:15 da mañá e regreso o martes 1 de maio ás 21:00 horas. O prezo é de 95 euros por persoa e inclúe autobús (ida e volta), aloxamento, comida e cea o día 30 e almorzo e comida o día 1. Os interesados poden anotarse no teléfono 653 684 969 (Pili).