Anuncios
Ticker de novas

Ovalmi e Coemsa organizan unha nova edición do Trueque-Libro

Con ocasión da celebración o 23 de abril do Día Mundial do Libro, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís (Coemsa) organizan, en colaboración co Mercado da Tía Ni do 19 ao 23 de abril, o Trueque-Libro, nado hai uns anos no seo de Coemsa e que Ovalmi quere expandir a outros negocios da comarca.

Ao longo destes días os visitantes poderán atopar mesas situadas a pé de rúa en distintos negocios do Val Miñor, que servirán de estación de partida para libros viaxeiros que desexan coñecer outros lugares, visitar outros fogares, ilustrar outras mentes, facer novos amigos…

Os visitantes poderán levar un libro viaxeiro da estación e, se o desexan, deixar na mesma ou noutra estación un libro que queiran compartir con outros visitantes. Haberá libros de temática variada: clásicos, infantil, xuvenil, cociña, novela romántica, histórica, policíaca, poesía, ensaio, idiomas…

Ovalmi e Coemsa convidan a descubrir os libros viaxeiros que hai en cada estación, a gozalos e a compartir, e a que os visitantes conten no Facebook de calquera das dúas Asociacións que libro viaxeiro gozaron, onde o descubriron, que lles pareceu, que libro compartiron…

Anuncios