
A Comisión de Festas da Virxe do Carme de Baiona organiza unha cea-baile de San Valentín para o vindeiro sábado 17 de febreiro ás 21:30 horas no Hotel Bahía Bayona.
O menú inclúe xamón e queixo manchego, empanada, croquetas, gambas orly, mini chourizos ao viño, linguado con patacas ao vapor e guarnición de verduras, secreto ibérico con patacas parisiense e guarnición imperial, xeado de chocolate de sobremesa, viño Ribeiro branco e tinto, café e chupitos. Ademais, a velada estará amenizada polo “Dúo Fiesta”.
O prezo é de 30 euros por persoa. Para anotarse hai que chamar aos teléfonos 680 424 719 (Susana) ou 607 801 782 (Javi). Tamén está dispoñible o correo electrónico cfvirgendelcarmenbaiona@gmail.com. A data límite para a compra de entradas será o 14 de febreiro.