Anuncios
Ticker de novas

Cidadáns Val Miñor reúnese coa Asociación do Centro Cultural de Parada

A agrupación de Cidadáns Val Miñor mantivo hai uns días un encontro coa Asociación do Centro Cultural e Creativo Parada do Miñor de Nigrán. Na reunión, os membros de Cidadáns puideron presentar á agrupación de Cidadáns Val Miñor e coñecer ademais de primeira man as problemáticas da Asociación e os temas que lles preocupan.

“Trasladáronnos con preocupación o feito de que a maior parte dos veciños non teñen rede de sumidoiros e que as tubaxes están postas desde hai 15 anos, cando esta rede de sumidoiros instalouse”, sinalou a coordinadora de Cs Val Miñor, Fabiola Galindo Cavalier. A outra problemática á que se enfrontan e que preocupa a esta Asociación é o feito de non ter un lugar permanente para realizar as súas festas, “chegando mesmo a facelas no polígono empresarial de Porto do Molle”.

Anuncios