Anuncios
Ticker de novas

Brais Gómez, convocado coa Selección de Galicia Júnior para a XXIV Gipuzkoa Klasika

Este vindeiro domingo a Selección de Galicia Júnior de estrada disputará a XXIV Gipuzkoa Klasika. A expedición dirixida polo seleccionador autonómico Guillermo Sande partirá o sábado ás 7:45 horas.

Entre os seis ciclistas convocados está o corredor baionés Brais Gómez Cima, integrante do Club Ciclista Ponteareas. Tamén desprazaranse a terras vascas, o seu compañeiro de equipo Adrián Giráldez Fernández, Iván Días Fernández do Dipuleón-Bembibre, Jorge Fernández Suárez do Cidade de Lugo, Martín Soutullo Trigo do Carballo a un Paso e Uxío San Martín Domínguez do Cortizo-Anova.

Anuncios