Anuncios
Ticker de novas

A Comisión de Festas de Parada convoca o primeiro Concurso de Tortillas

A Comisión de Festas Santiago e Santa Ana de Parada organiza o primeiro Concurso de Tortillas “Bótalle Ovos”, que se celebrará o domingo 22 de abril. Poderán participar todas as persoas que o desexen, presentando só unha tortilla por participante. Os ingredientes obrigatorios serán 6 ovos, patacas e aceite, podendo usar calquera outro ingrediente a gusto do participante.

A tortilla haberá que levala xa preparada ao bar da Comisión de Parada entre as 10:00 e as 12:30 horas do domingo 22 de abril, presentándoas de maneira anónima para garantir a neutralidade do xurado. Cada tortilla identificarase cun número, que se anotará nun sobre pechado, onde no interior estarán os datos do participante.

Ao finalizar a cata e deliberación do xurado procederase á entrega de premios e a degustación das tortillas.

Anuncios