Anuncios
Ticker de novas

O Gondomar Fútbol Base xa é de segunda e campión de Liga

As dúas últimas semanas foron moi emocionantes para o Gondomar Fútbol Base. O equipo de 3ª Rexional conseguiu o domingo 8 de abril o ascenso cunha vitoria por 4-1 ante o Lavadores, grandísimo rival e segundo clasificado. Unha semana despois, proclamáronse campións de Liga dúas xornadas antes de que finalice a competición.

O adestrador, Ricardo Costas, mostrouse “moi feliz”, e o presidente do club, Jose Blanco Lourido, “orgulloso deste gran equipo e esta gran familia”. Pola súa banda, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, que visitou aos futbolistas no campo municipal de As Cercas acompañado da concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, e o concelleiro de Vías e Obras, Jose Manuel Chamorro, felicitou ao equipo “polo seu meritorio ascenso a segunda rexional”.

Os compoñentes do Gondomar Fútbol Base son Jose María Agulla Silva, Iván Alonso Costas, Pablo Costas González, David Dios Dacuña, Diego Fernandes Casas, Óscar Fernández Cerzón, Cristian Fernández Lamas, Iago Fole Cortegoso, Miguel Giráldez Araújo, Daniel González Rial, Raúl González Rial, Jose Luis Hermida Alonso, Alberto Montoto Cuadrado, Fabián Pena Rodríguez, Brais Pérez Moreda, Juan Manuel Reñones Lema, César Rial Costas, Miguel Rial Costas, Cristian Simoes Fernández, Samuel Valverde Rodríguez, Iago Vázquez Freire, Cristian Vázquez Pintos e Borja Vila Cendón. Luis Enrique Domínguez Nanuh é o Delegado e Ricardo Costas Rodríguez o Adestrador.

Anuncios