Anuncios
Ticker de novas

A baionesa Andrea Pais destaca na terceira xornada das Series Municipais de Vigo

FOTO: CELTA ATLETISMO // Andrea Pais.

Este domingo celebrouse nas Pistas de Balaídos a terceira xornada do III Circuíto de Series Municipais, organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo. A velocista Andrea Pais foi unha das autoras das mellores marcas, valoradas pola táboa internacional de puntuación. A baionesa do Atletismo Feminino Celta conseguiu a vitoria en 200 metros, marcando un tempo de 25.76. Nesta categoría, a súa compañeira de equipo Olalia Gisela Becerril foi segunda, cun tempo de 26.42, e pechando o podio, Lucía Ferrer, do S.G. Pontevedra, cunha marca de 26.77.

Anuncios