Anuncios
Ticker de novas

Gondomar entra na era da xestión dixital da auga

O Concello de Gondomar vén de poñer en marcha un sistema de xestión intelixente, eficiencia e aforro enerxético en tres das seis Estacións de Bombeo de Augas Residuais do municipio, as que presentaban un maior número de incidencias, financiado a través do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

As actuacións leváronse a cabo nas Estacións de Bombeo de Augas Residuais da Torre, na parroquia de Chaín, de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza e de Gándara, na parroquia de Peitieiros, que carecían dun Sistema de Xestión adecuado que achega ao servizo de mantemento do Concello os datos e as ferramentas necesarias para un correcto seguimento das avarías dos equipos, das necesidades de Mantemento Preventivo e do estado do Pozo de bombeo.

Grazas á implantación do novo sistema conseguirase un Aforro Enerxético no funcionamento diario de tres Estacións de Bombeo de Augas Residuais, e a incorporación dun Sistema de Xestión Intelixente para o seguimento dos mesmos, que procure as ferramentas necesarias aos servizos de mantemento para a realización dos labores de Mantemento Correctivo nun prazo de tempo máis reducido e os labores de Mantemento Preventivo que reduzan as posibles avarías.

Ata agora, as tres Estaciones de Bombeo carecían dun Sistema de Xestión adecuado que achega ao servizo de mantemento do Concello os datos e as ferramentas necesarias para un correcto seguimento das avarías dos equipos, das necesidades de Mantemento Preventivo e do estado do Pozo de bombeo.

Isto implica o descoñecemento do fallo no funcionamento dos equipos de bombeo o que leva que se produzan alivios incontrolados das Augas Residuais, ata que os operarios de mantemento realizan unha revisión durante o seu horario de traballo, cos problemas de carácter ambiental que iso supón, ademais dos elevados custos enerxéticos e de explotación polas avarías producidas nas estacións de bombeo ao non acudir á corrección das mesmas nun curto período de tempo tras producirse dita avaría, ademais do Impacto Social que provoca o feito de que se produza unha vertedura destas características ao medio receptor.

Anuncios