Anuncios
Ticker de novas

Sesión de cine no Centro Cultural de Chaín coa película ”Zootrópolis”

Este sábado 14 de abril ás 21:00 horas proxectarase a película “Zootrópolis” no Centro Cultural “A Merced” de Chaín. A moderna metrópole mamífera de Zootrópolis é unha cidade absolutamente única. Está composta de barrios con diferentes hábitats como a luxosa Sahara Square e a xélida Tundratown. É un crisol onde os animais de cada contorna conviven, un lugar onde non importa o que sexas. De feito podes ser calquera cousa, desde un elefante enorme ata a musaraña máis diminuta. Pero cando chega a optimista axente Judy Hopps, descobre que ser a primeira coelliña dun corpo policial composto de animais duros e enormes non é nada fácil. Pero está decidida a demostrar a súa valía e métese de cabeza nun caso, a pesar de que iso significa traballar con Nick Wilde, un raposo parlanchín e estafador, para resolver o misterio. A entrada é gratuíta.

Anuncios