Feira de Artesanía en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Feira de Artesanía en Gondomar.

Un ano máis, e durante os días 14 e 15 de abril, a Asociación Galega de Cerámica e outras Artesanías organiza a Mostra Feira 2018 en Gondomar en colaboración coa Concellería de Comercio, que contará coa presenza de 27 artesáns de Galicia e Portugal: coiro, cerámica, olería, cantería, cestería, telleiros… estarán presentes nesta mostra.

Para a inauguración da feira contarán de novo coa colaboración dunha artesá da palabra, nesta ocasión a escritora Marta Dacosta Alonso abrirá a actividade coas súas palabras o sábado 14 ás 12:00 horas na carpa que estará instalada próxima ao edificio do Concello de Gondomar.

O horario da feira será o sábado de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas e o domingo de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Os artesáns farán demostracións dos seus oficios e haberá obradoiros para todas as idades.