O CPI de Cova Terreña dispón dunha aula multisensorial na que traballarán aspectos emocionais, sensoriais e cognitivos coa fin de crear un ambiente de aprendizaxe máis enriquecedor e interactivo para o alumnado tal e como puido comprobar o xefe territorial de Educación, César Ares, na súa visita ao centro educativo.
Na aula contan cun piano de pés, múltiples obxectos translúcidos para traballar na mesa de luz, lanternas e soporte de luz negra, tubos de burbullas, piscina de bólas, proxectores de imaxes e luz, elementos para traballar a motricidade fina e grosa, instrumentos musicais, bólas con texturas, xogos de memoria…
Dita aula empregarase co alumnado que, polas súas características persoais, así o precise, recorrendo aos elementos que nela se atopan para conseguir unha atención individualizada e axustada ás súas necesidades.

