Anuncios
Ticker de novas

A Obra Social “la Caixa” entrega 4.500 € ao Centro Juan María para mellorar as súas instalacións

FOTO: CAIXABANK // Igor de la Heras entregando o cheque ao presidente do centro, José Santoro Pumarega.

A Obra Social “la Caixa” atendeu o chamamento solidario realizado polo Centro Juan María, de Nigrán. A asociación organizou na noite do xoves un concerto solidario co obxectivo de recadar fondos cos que mellorar a accesibilidade das súas instalacións.

No transcurso do concerto, o director de área de CaixaBank, Igor de la Heras, entregou un cheque de 4.500 euros ao presidente do centro, José Santoro Pumarega. Esta cantidade, xunto coa recadación do concerto solidario presentado polo actor Carlos Blanco e que contou coa participación da Orquestra Clásica de Vigo, permitirá ao centro adquirir dous novos guindastres para mellorar a accesibilidade dos seus usuarios na piscina terapéutica e nos baños adaptados.

Esta axuda súmase aos dez mil euros que no principio do ano achegou “la Caixa” ao Centro Juan de María para equipar con mobiliario adaptado o novo centro de acollemento que a entidade inaugurou en Camos. Segundo destacou o representante de CaixaBank, Igor de las Heras, “somos un banco socialmente responsable, entre outras cousas por colaboracións como as que vimos prestando ao Centro Juan María para que poidan dar o mellor servizos posible aos seus usuarios”.

Anuncios