Anuncios
Ticker de novas

Castro e Ladeira organiza un Obradoiro de Teatro a través do programa “Depo en Marcha”

FOTO: CASTRO E LADEIRA // Foto de familia na clausura do curso.

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís organiza un Obradoiro de Teatro no marco do programa “Depo en Marcha” da Deputación de Pontevedra. Comezará en setembro, os mércores de 19:00 a 21:00 horas no Salón de Actos do Colexio de Sabarís. Os interesados poden anotarse na Asociación, a través do correo electrónico castroeladeira@hotmail.com ou falando con calquera membro da Xunta Directiva. O obradoiro terá unha duración de 30 horas e está dirixido á terceira idade. Para a súa realización, o 70% do alumnado deberá ter 50 anos ou máis.

“Depo en Marcha” ten por finalidade favorecer o envellecemento activo a través de distintos obradoiros que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida das persoas maiores da provincia de Pontevedra, establecendo relacións sociais e favorecendo a súa inclusión en actividades que melloren o seu estado anímico, potenciando movementos de implicación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e favorecendo a súa independencia para evitar o illamento e as situacións de soidade.

Anuncios