Sin categoría

A baionesa Iria Ludeña Pérez proclámase campioa galega de piragüismo

Iria Ludeña Pérez proclamouse este sábado campioa galega de piragüismo na categoría Alevín-B no Campionato Galego Alevín e Benxamín 2017 celebrado en Vilanova de Arousa.

Tras conseguir a vitoria nas cinco regatas provinciais, a moza baionesa fíxose co campionato autonómico na modalidade K-1. A regata celebrouse no esteiro de Vilanova, estando situada a saída na pasarela peonil de O Terrón cun percorrido para os participantes de 1.500 metros.

Iria, integrante do Club Kayak Tudense, subiuse ao máis alto do podio tras conseguir unha marca de 0:9:9,1 e 230 puntos. Uxía Davila Rodríguez foi segunda (0:9:9,2 e 227 puntos) e Daniela Álvarez Cayetano terceira (0:9:9,21 e 224 puntos).

Esta competición foi a última da liga Deputación de Pontevedra, e nela participaron 644 deportistas que representaron a 31 equipos.

IRIA LUDEÑA PÉREZ