Anxo Uzal, Cristian Suárez e Omar Rodríguez, convocados para o Torneo Internacional de La Nucia

Omar Rodríguez e Anxo Uzal no Campionato de España.

Anxo Uzal, Cristian Suárez, Omar Rodríguez e outros 12 deportistas galegos foron convocados coa selección nacional cadete e júnior para disputar o Torneo Internacional de Jóvenes Promesas, de Loitas Olímpicas, que terá lugar en La Nucia (Alacante) do 13 ao 15 de abril. Anxo e Cristian competirán na categoría cadete da modalidade Libre Olímpica, en 65 kg e 71 kg respectivamente. Omar participará en Libre Olímpica júnior 70 kg.

Tras o torneo, parte dos deportistas galegos permanecerán concentrados no CAR Infanta Elena de San Javier (Murcia). Do 16 ao 20 de abril terá lugar a concentración cadete e júnior, na que participará Anxo Uzal, e do 20 ao 22 de abril a SUB-23. Omar Rodríguez será un dos 3 deportistas galegos que participarán nas 3 actividades, na competición e nas dúas concentracións, como campión de España da súa categoría de peso.