Iago Rodríguez primeiro reforzo do Baíña de Terceira

Iago Rodríguez súmase ao proxecto do Baíña Fútbol Sala. O club baionés xa ten ao seu primeiro reforzo para a campaña 2019/20, onde xogará na Terceira Nacional. Iago, natural de Baiona, xa vestiu a camiseta “amarela” nas categorías de cadete e xuvenil. Despois dun periplo polo fútbol en distintos equipos de división de honra xuvenil e 2B, Iago volve ao Baíña e formará parte do persoal que comezará a traballar a mediados de agosto da man de David Pérez. Iago chega coa intención de ofrecer a súa mellor versión e achegar para que o equipo sexa competitivo na Terceira Nacional e “facer que os afeccionados do Baíña gocen do fútbol sala”.