O Vincios empata co Mediterráneo Valencia

FOTO: AD VINCIOS // Martín Pintos

Esta xornada saldouse cun empate 3-3 ante a Mediterráneo Valencia en terras gondomareñas. O pechacancelas da clasificación xeral logrou este bo resultado grazas ao concurso do seu xogador chinés Qiyao Han, que desde a súa contratación no mercado de inverno gañou 16 partidos e perdido tan só dous. Este xogador venceu 3-1 a Diogo Silva nun espectacular encontro, con parciais 12-10, 12-10, 9-11 e 11-8, onde Diogo nos dous primeiros sets tivo bola de set, pero foi incapaz de rematalos. Así mesmo venceu a Martín Pintos por 3-0. O outro punto do equipo valenciano fíxoo Libre Sancho, xogador con moita experiencia nesta liga, que logrou cun parcial de 3-1 levar o xogo ante Martín Pintos. Os puntos do equipo gondomareño gañounos Pryshchepa ante Renier Cabezas e Libre Sancho, ambos os dous 3-0, e Diogo ante Renier por 3-0. O equipo valenciano chegou a ir por diante 3-1 no marcador, pero na fase final do partido, o Vincios logrou o empate a treses.

Cun punto máis na súa marcadora o Vincios segue na quinta praza da clasificación, en postos que lle permitirían xogar a ETTU CUP, liga europea do tenis de mesa, a falta de dúas xornadas. Este sábado desprazarase a Sevilla a xogar contra o Híspalis, e recibirá ao Irún Lekaenea na última xornada.

Sinalar así mesmo o bo resultado obtido este fin de semana polo xogador Martín Pintos, que xoga dobre liga no Vincios en España e en Novalense da 1ª Divisao portuguesa, que se proclamou este fin de semana campión da categoría sub21 de Portugal por equipos, ao vencer 3-2 no último partido que lle deu a vitoria ao Novalense, cun apurado 3 sets a 2, remontando un parcial adverso no derradeiro set de 8-4.