Unha vintena de nenos plantan árbores autóctonas no Galiñeiro

Sobre 20 nenos e nenas do centro de lecer infantil Colorincho de Gondomar plantaron o pasado sábado xunto cos seus pais e avós un centenar de árbores autóctonas no merendeiro do monte Galiñeiro en Vincios. A iniciativa xurdiu tras os incendios do mes de outubro cando o centro de sumou á “Operación Landra”, que consistía en sementar unha árbore autóctona (castiñeiro, carballo…) e unha vez xerminara plantalo nunha zona devastada polo lume para a repoboación do mesmo. Os pequenos participaron con moita ilusión, vendo o espertar da natureza desde unha simple semente.

 

Anuncios