Anuncios
Ticker de novas

Un restaurante de Nigrán gaña a batalla a unha blogueira que publicou unha crítica falsa

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Javier Pereira no seu restaurante.

A principios de marzo un restaurante de comida xaponesa de Nigrán situado en Patos recibía a través das súas redes sociais unha “proposición” por pare dunha blogueira barcelonesa. Na mensaxe, indicaba que visitaría a zona a mediados de mes e que lle gustaría visitar o establecemento, ofrecendo unha “colaboración”.

“A moza ofrecíanos unha colaboración entre comiñas, que se lle convidabamos a comer a ela e a un acompañante facíanos unha boa crítica do restaurante. Contestámoslle se era certo o que estaba a dicir e tamén lle dixemos en plan irónico que de maior queriamos ser como ela pero que por respecto ao traballo dos demais que nunca se nos ocorrería”, afirma Javier Pereira, propietario do local, en declaracións á TVG.

A reacción da escritora foi vingarse en forma de mala crítica en TripAdvisor. Tras indagar nas súas redes sociais, Pereira denunciou o asunto á coñecida web, demostrando que a autora nunca estivera no local, polo que finalmente o comentario foi retirado.

“Recibimos moitas visitas de bloggers, de influencers, de instagramers, de todo o que termina en ers e decatámonos que eran bloggers ou persoas que traballan máis ou menos nisto ao día seguinte cando apareceu a crítica. Tamén nós cremos que o prezo vai dentro desa crítica. Para ter unha avaliación global sobre o servizo e o produto, tes que ter pagado para saber se está acorde o prezo co produto que pagas”, conclúe o propietario.

Anuncios