O sénior do CB Nigrán clasifícase para a fase de ascenso

FOTO: CB NIGRÁN // Equipo sénior.

O equipo sénior do CB Nigrán gañou onte o seu último partido de Liga contra Baiona e proclamouse subcampión empatando a puntos con Ureca, o primeiro clasificado. Este título dálles a opción directa a entrar na fase de ascenso que comezará nas próximas semanas.

Esta é a primeira tempada que o CB Nigrán conta con categoría sénior desde que o club volveu á competición despois dun período de nove anos de inactividade, un equipo formado por 13 xogadores entre os cales se atopan algúns que deron os seus primeiros pasos sendo tan só uns nenos nas filas do CB Nigrán fai agora case 20 anos.

Desde a directiva do club mostran a súa gran satisfacción por este novo éxito e felicitan aos xogadores e ao seu adestrador Paco Termenón polo gran traballo realizado.