Anuncios
Ticker de novas

Brais Misa e Noelia Piñeiro repiten como mellores deportistas de Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Foto de familia da III Gala do Deporte de Gondomar.

O Auditorio Lois Tobío acolleu este sábado a celebración da III Gala do Deporte de Gondomar, á que acudiu como madriña Cristina Fernández, pioneira no balonmán español, primeira muller en arbitrar na Liga Asobal e desde a tempada 88/89 en primeira liña, cun palmarés con partidos internacionais, campionatos do mundo, europeos, liga de campións, copas do rei…

Con esta cita, un ano máis conducida polo locutor deportivo da Radio Galega Roberto Carlos Carballo, Gondomar afiánzase no seu proxecto de fomentar o deporte e poñelo en valor, premiando a deportistas e entidades que participan activamente no sector do ámbito local, con máis de 70 galardóns.

Así pois, os gañadores entre os nomeados nas nove categorías desta segunda edición foron Brais Misa García e Noelia Piñeiro Pérez, como mellores deportistas masculino e feminino por segundo ano consecutivo; o Campionato de Galicia Escolar Fase Sur de Judo Cadete e Infantil como mellor evento deportivo; o Club de Tenis Gondomar como mellor club; Rodosa como mellor patrocinador; Anxo Crusat Mirás e Blanca Alonso Fernández como mellores deportistas revelación masculino e feminino; e o galardón á traxectoria deportiva recaeu en Bernabé Costas de Miranda.

Ademais, entregáronse recoñecementos especiais para premiar a traxectoria de persoas e colectivos que traballaron e traballan polo ben da vila. Nesta terceira Gala do Deporte foron para o Cereixa Gondomar FS no seu 25º aniversario, a Ruta Moteira de Papa Noeles de ACD Rillasepas no seu 10º aniversario, o Gondomar CF Feminino, o Club Patinaxe Artístico Gondomar pola súa “Alma Torera” e o seu adestrador e presidente, David Figueroa Pérez. Tamén se galardoou a título póstumo a José Núñez Sanromán.

A cerimonia comezou pasadas as 20:00 horas e contou coa actuación de Asacocirco. A celebración estendeuse ao longo de case tres horas de maneira amena e dinámica, cunha posta en escena apoiada en pantalla, canón de proxección de vídeo e un gran despregamento de iluminación e son, consolidada xa como cita anual.

Os premiados nesta III Gala do Deporte por categoría deportiva son:

– Baloncesto: Víctor Villadóniga Santos e Paula Álvarez Pazó.

– Atletismo: Marina Prieto González, Manuela Gonzàlez González, Sergio Souto Peña e Elena Costas Martín.

– Ximnasia Acrobática: Blanca Alonso Fernández e Gabriela Baltar Rodríguez.

– Fútbol Gaélico: Juan Luis Fernández Pérez e Gonzalo Rodríguez Amorín.

– Rally e Rally Mix: Alberto Meira, Esteban Pérez Iglesias e Ezequiel Salgueiro Simoes.

– Carrilanas: Hugo González Lameiro e Brais Ribeiro González.

– Rugby: Anxo Crusat Mirás.

– Kick Boxing: Anxo Crusat Mirás.

– Xadrez: Artai Bringas Gómez e Ana Fernández Carneiro.

– Dúatlon-Tríatlon: Brais Misa García.

– Tiro con Arco: José Alberto Villarroel Salgueiro.

– Patinaxe: Joel Ribeiro Díaz, Iria Boullosa Zarraquiños e Alba Franco Herrero.

– Canicross-Bikejoring: Noelia Piñeiro Pérez.

– Bolos: Jose Villamarín Méndez, Santos Prado Iglesias, Roberto Paz Misa e Ismael Torres Álvarez.

– Tenis: Claudia Sanjuán Ares e Antía Sanjuán Ares.

– Tenis de Mesa: Luisa Pintos Barreiro, Andrés Torres Vidal e Eladio Costas Pereira.

– Surf: Ana Moledo González.

– Fútbol: Alejandro Vila Santos, Miguel Ramón González e Miguel Fernández Rodríguez.

– Btt Enduro: Pablo Salgueiro Troncoso.

– Ciclismo: Ricardo Martín Buba y Dany Jan Buba.

– Downhill/Dirt Jump: Brais Misa Figueiras.

Nomeados nas nove categorías:

– Mellor Evento Deportivo: II Enduro Serra do Galiñeiro, V Campus Manolo Sanchís e Campionato de Galicia Escolar Fase Sur Judo.

– Mellor Club Deportivo: Club de Tenis de Gondomar, Gondomar Fútbol Base e Club Patinaxe Eixo Gondomar.

– Mellor Patrocinador e Colaborador: Rosquillas Cristaleiro, Rodosa e Serviancar.

– Traxectoria Deportiva: Loles Vila Alonso, Bernabé Costas de Miranda e Jose Antonio Villar Comesaña.

– Mellor Deportista Revelación Masculino: Joel Ribeiro Díaz, Anxo Crusat Mirás e Sergio Souto Peña.

– Mellor Deportista Revelación Femenino: Iria Boullosa Zarraquiños, Blanca Alonso Fernández e Luisa Pintos Barreiro.

– Mellor Deportista Masculino: Eladio Costas Pereira, Brais Misa García e Alejandro Vila Santos.

– Mellor Deportista Femenina: Elena Costas Martín, Noelia Piñeiro Pérez e Sara Comesaña Xesteira.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios