Sin categoría

Antonio Prieto e Jorge González vencen na terceira edición da Clásica Manuel Alfaro

Un total de 47 vehículos participaron este sábado na terceira edición da Clásica Manuel Alfaro, evento de regularidade para coches clásicos organizado pola familia do lembrado piloto de clásicos que lle dá nome, contando coa colaboración da Escudería Vigo Clásicos e co apio imprescindible dun gran número de patrocinadores e colaboradores.

Os vehículos participantes concentráronse no parque pechado, situado este ano no Recinto de Festas As Angustias en Nigrán, a partir das 12:00 horas. Alí puidéronse ver vehículos clásicos habituais nos rallyes dos anos setenta e oitenta como Sunbeam Alpine MKII, Opel GT, Porsche 911, Seat 600 Abarth, Ford Escort, Renault Alpine A310, Seat 124, Authi Mini GT, Toyota Celica… e outros moitos, todos eles con máis de 30 anos de antigüidade.

Ás 16:00 horas comezaron a saír os coches do parque pechado, circulando de minuto en minuto, para percorrer diferentes estradas de Nigrán, pasando, entre outros lugares polas famosas curvas de As Baleazas, tramo do Rally Rías Baixas. A partir de aí saíron en dirección Valladares para seguir ruta cara a Pontellas, Budiño, Tui, onde realizaron unha parada no Paseo da Corredoira, por cortesía do Concello de Tui, para repoñer forzas e continuar cara a Malvas, Tebra, Torroña e Oia, onde terminaron o seu percorrido no Restaurante “Lugar”, para pasar á cea de fin de rally e cerimonia de entrega de premios.

Antonio Prieto e Jorge González, cun BMW 318 do ano 1982, proclamáronse os vencedores da proba. En segunda posición finalizaron José Manuel Ferreiro e Javier Fernández, a bordo dun Opel Manta A de 1972, e pechando o podio desta III Clásica Manuel Alfaro, Diego López e Miky Caldas cun Mercedes 190 2.3 16V do 1985.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.