O concerto de Panorama previsto en Priegue trasládase a Praia América

A Coral Stella Maris de Nigrán, organizadora do concerto de Panorama previsto para o venres 13 de abril en Priegue, cambia de localización o evento por motivos de aforamento. Será no Campo de Lourido de Praia América, onde haberá food trucks e unha Master Class de Zumba ás 21:30 horas. Ás 23:30 horas comezará a actuación da orquestra Panorama e para finalizar a festa, un DJ.

O obxectivo do evento é recadar fondos de fronte ao gran concerto de verán que a Coral está a preparar un ano máis. As entradas, cun prezo de 5 euros, estarán á venda o mesmo día do concerto a partir das 10:00 da mañá no propio recinto. A apertura de portas será ás 21:00 horas. O aforamento é limitado.

A Xira Deluxe Tour de Panorama conta cunha montaxe sobre o escenario totalmente novo, con máis pantallas e iluminación e un deseño ao máis alto nivel, ao que se sumarán un vestiario, un repertorio e unha posta en escena nos que destaca a innovación para crear un espectáculo brillante e totalmente sorprendente.