A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a décima relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do “Plan Concellos 2018”. Así, Baiona, Bueu e O Grove son as vilas que van recibir 553.560,89 euros para a contratación de 86 persoas.
Ao concello de Baiona a Deputación de Pontevedra destinará 208.237,36 euros para a contratación de 38 traballadores relacionados coa limpeza, a xardinería, a construción, a cantería, a condución e o turismo.
Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, un 2,5% máis que no 2017. Con estas achegas aos concellos de Baiona, Bueu e O Grove, xa está concedido o 86% da liña 3, beneficiando a 53 concellos da provincia e empregando a preto de 971 persoas.

