The Riggos presenta este venres en concerto o seu primeiro disco

The Riggos presenta este venres día 6 de abril en concerto o seu primeiro disco, que saíu á venda o pasado 23 de Febreiro. A cidade elixida para a estrea é Vigo, na sala La Iguana Club (R/ Churruca, 14). A iso das 23:03 subiranse ao escenario para dalo todo, e para os que lles pille un pouco lonxe esta primeira cita, que non se preocupen porque xa se están pechando máis presentacións en distintas cidades da península.

The Riggos é un grupo de Punk-rock e rock formado no ano 2011. Está formado por Bruno Costas (guitarra e voz) e Yago Ray Costas (batería), de Peitieiros, Arturo Peixoto (baixo), de Gondomar, e Denis Carballás (guitarra e voz), de Vigo. Empezando como un grupo de versións, hoxe en día conta cun amplo repertorio de cancións propias.

“The Riggos” inclúe 14 cancións orixinais, entre elas as súas dous primeiros singles: “Cada vez que abres la boca” e “Siguiente Nivel”. Está producido por Lemuria Music e distribúeo Warner Music, gravado ao longo de 2017 en Gondomar por Pedro Feijoo, que tamén o mesturou e o remasterizou. Pódese comprar en tendas de música como Fnac, El Corte Inglés, La Casa del Disco ou Tipo Música. En plataformas dixitais pódese escoitar e descargar en Spotify, iTunes Music, Amazon, Google Play.