Continúa o II Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe con Nostoc

Este venres 6 de abril continúa o II Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, dirixido por Sergio Álvarez, que se celebra o primeiro venres de cada mes, de febreiro a xuño. O terceiro grupo será Nostoc, formado por Mateo Mena (electrónica) e Laura Iturralde (visuais). O concerto comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto. Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá servizo de cafetería e merchandising.