Sin categoría

Os clubs náuticos de Baiona, Portosín, Bouzas e Portonovo crean o Circuíto Rías Baixas

Os Reais Clubs de Bayona e Portosín, o Náutico de Portonovo e o Liceo Marítimo de Bouzas, en colaboración coa Federación Galega de Vela, organizan o I Circuíto Rías Baixas de A Dous, regatas no formato de dous tripulantes na categoría dos Cruceiros ORC.

A iniciativa foi presentada nas instalacións da Federación Galega de Vela en Vigo, un acto conducido polo seu propio presidente, Manuel Villaverde, e ao que asistiron directivos dos clubs promotores: Fernando González, polo RCN Portosín; Fernando Yáñez, polo Monte Real Club de Yates de Bayona; Fernando Pazó, polo Club Náutico Portonovo; e Manuel Veiga, polo Liceo Marítimo de Bouzas, en calidade de Comodoros os tres primeiros e de vicepresidente, no último.

Coa finalidade de fomentar o deporte da vela e potenciar os eventos promovidos desde as institucións velísticas galegas, que posúen similares características e intereses, nace este Circuíto que está destinado a premiar aos seus gañadores nas diferentes categorías que se establezan en casa edición.

A participación no mesmo e con opción ao trofeo realizarase directamente ao inscribirse nalgunha das regatas que o conforman, e que están configuradas de modo cronolóxico no calendario de competicións da Federación Galega de Vela:

REGATA PRIMAVERA – TROFEO REPSOL
29/04/2018,30/04/2018,01/05/2018 Abril,Maio
M. R. C. DE YATES BAYONA

XIII REGATA VOLTA AS CIES
26/05/2018 Maio
LICEO MARITIMO DE BOUZAS

CTO A DOUS MEM. RAFAEL OLMEDO
02/06/2018 Xuño
M. R. C. DE YATES BAYONA

XIX R. RAMIRO CARREGAL – G. T. FARO DE CORRUBEDO
23/06/2018,24/06/2018 Xuño
REAL CLUB NAUTICO PORTOSIN

XXX R. MAR DE FINISTERRE – IV T. PITUSA SABIN
30/06/2018,01/07/2018 Xuño,Xullo
REAL CLUB NAUTICO PORTOSIN

XVI REGATA CN PORTONOVO – MEM PACO ALVARIÑAS
14/07/2018,15/07/2018 Xullo
CLUB NAUTICO PORTONOVO

O gañador do Rías Baixas A Doud será a tripulación que obteña a táboa máis baixa dos puntos conseguidos en cada regata do Circuíto de maneira individual tendo tamén en conta que, en caso de empate entre dous ou máis barcos decidirase o campión seguindo as normas establecidas no Regulamento de Regatas a Vela.

Cada club organizador de cada unha das regatas que compoñen o Circuíto, será o encargado de elaborar unha clasificación xeral de A Dous e transmitila ao resto das entidades do Rías Baixas.

2018-04-03 - Presentación (medios)