
O BNG convoca a toda a veciñanza a unha asemblea aberta para abordar a problemática do transporte público colectivo en Gondomar e a busca de solucións á mesma. A asemblea será mañá, martes 3 de abril, ás 19:45 horas no Centro Neural de Gondomar (ao lado do campo de fútbol das Cercas), e nela trataranse os seguintes temas:
– Supresión da liña de Melytour por Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.
– Problemas das frecuencias e paradas da liña ATSA entre Gondomar e Vigo.
– Transporte metropolitano. Carencia de tarxeta metropolitana.
– Ausencia de servizo regular ao CUVI.
– Ausencia de servizo regular entre as parroquias e entre os concellos do Val Miñor.