Nova tarima flotante con illamento nas Aulas de Infantil do CPI Cova Terreña

Paralelamente aos traballos de renovación integral das canalizacións exteriores, a Concellería de Educación de Baiona renovou o chan das dúas aulas de educación infantil do CPI Cova Terreña. En concreto, instalouse tarima flotante con goma escuma illante co fin de mellorar a temperatura. Aproveitando esta intervención tamén se procedeu ao pintado de ambas as dúas clases, ofrecendo as estancias unha imaxe completamente renovada. Destes traballos beneficiaranse os 50 escolares que na actualidade ocupan as cadeiras, así como tamén as xeracións futuras que pasarán polo centro.

Anuncios