Anuncios
Ticker de novas

Baiona oferta un obradoiro gratuíto de lectura asistida con cans para nenos e nenas

A Concellería de Educación do Concello de Baiona oferta un obradoiro gratuíto de lectura asistida con cans para nenos e nenas de entre 5 e 9 anos de idade que terá lugar o vindeiro sábado, día 7 de abril, de 11:30 a 12:45 horas. Beatriz González Pérez, Concelleira de Educación, expón que supón “unha oportunidade única para que, a través dos nosos amigos de catro patas, os nenos e nenas compartan xuntos unha marabillosa e única experiencia de aprendizaxe”.

O obxectivo é mellorar a súa comprensión lectora, vocalización, atención, concentración, seguridade e autoestima, así como dar a coñecer este innovador método. Requírese inscrición previa. Máis Información e inscricións na Omix, situada no segundo piso da Casa Consistorial ou no teléfono 986 385 925.

Anuncios