Anuncios
Ticker de novas

Dobre vitoria de Brais Gómez na Challenge “Los 4 días de Ourense”

O baionés Brais Gómez Cima volveu subir este fin de semana ao máis alto do podio e por duplicado. O corredor do Club Ciclista Ponteareas conseguiu o primeiro posto na categoría cadete na segunda e terceira etapa de “Los 4 días de Ourense – Estaciones Vivas”, proba ciclista “open”, en formato challenge, cada vez máis prestixiosa.

O evento, organizado pola Fundación ADO Moure Pro Deporte na comarca de Baños de Molgas, consta de catro etapas independentes, que se disputan en diferentes circuítos con saída e chegada en Estaciones-Vivas cun percorrido de 69,85, 72,59, 61,31 e 62,1 km respectivamente, a última en liña.

Na segunda etapa, celebrada o venres, marcada polo frío, a choiva e a neve, Brais Gómez ocupou o posto 22 na xeral e foi o primeiro cadete en cruzar a liña de meta situada no Albergue Turístico de Baños de Molgas. Estivo acompañado no podio por Pablo Lueiro Fernández, do Padróns Cortizo Anova, e Rubén Meilán Pardiño, do CC Cidade de Lugo, segundo e terceiro respectivamente.

Na terceira, o baionés impúxose de novo na súa categoría, na que o seu compañeiro de equipo Jose Sánchez Cruces foi segundo e Pablo Lueiro Fernández, do Padróns Cortizo Anova, terceiro. Brais ocupou o posto 26 na clasificación xeral.

Anuncios