Anuncios
Ticker de novas

A baionesa máis lonxeva falece aos 104 anos

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Carmen Fernández Garbín no seu 101 aniversario.

Carmen Fernández Garbín, veciña de Sabarís, faleceu o pasado día 29 de marzo aos 104 anos sendo a baionesa máis lonxeva. Dona Carmen traballou durante 30 anos no Bar Palacios, ademais de dedicar tamén parte da súa vida á venda de rosquillas en festas. Tivo catro irmás e cinco irmáns, todos eles falecidos, e foi nai de dous fillos, dos que desgraciadamente só vive unha filla, con tres netos e catro bisnetos. Este luns oficiaranse os funerais ás 20:00 horas na Igrexa de Santa Cristina da Ramallosa.

Anuncios