A partir deste domingo 9 de abril o Auditorio Municipal Lois Tobío acollerá a II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia, organizada polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar.
«Cabaret tres» será a obra que abrirá esta parte da mostra organizada polo IEM, a cargo de Pritis-guomis, a Aula de Teatro de Gondomar, a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
O programa continuará o domingo 23 de abril con «A tía lambida» a cargo de A Moura, a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.
Para finalizar a Mostra, o grupo de O mellor de cada casa, sairá a escena o domingo 7 de maio con «A illa deserta» ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal Lois Tobío.

