Suspendida a andaina pola Ruta Máxica de Oia

FOTO: COSTA DOS CASTROS // Ruta Máxica de Oia.

Costa dos Castros comunica que, debido que se agardan chuvias continuadas e ventos fortes para o venres, a andaina pola Ruta Máxica programada dentro das actividades de Semana Santa queda suspendida, coa intención de volver organizala nunha fin de semana próxima.

En canto á proposta para o sábado 31 de marzo ás 12:00 horas, a visita guiada ao Arrabal (contorna do Mosteiro de Santa María de Oia) mantense.